Temas Tratados e Acordos:
- Apertura dunha conta bancaria.
- Acordo de Custodia do Muiño da Brexa.
Asociación de Custodia do Territorio
Durante os meses de novembro e decembro de 2019 puidemos observar e identificar un gran número de anfibios gracias ao noso socio David Chas e os herpetólogos Miguel Puras Rivas, Rafael Vázquez e Martiño Rivas.
Consulta as fichas de identificación da SGHN.
Grazas ao noso socio David Chas temos estas fotos do Muiño da Brexa nas que comezamos a descubrir a fauna e a flora do entorno.
O noso socio David Chas atopou no Muiño da Brexa un exemplar de ra vermella (rana temporaria) que aparece no Catálogo Galego de Especies Ameazadas clasificada como especie vulnerable.
Púxose en contacto con Miguel Puras experto en anfibios e membro da Sociedade Galega de Historia Natural que se ofreceu para asesorarnos na xestión da parcela.
Continuar lendo “Xornada de Voluntariado 24/11/2019”
O día 9/11/2019 tivemos a nosa primeira xornada de voluntariado no Muiño da Brexa. A pesares da choiva que nos acompañou toda a mañá conseguimos rozar unha zona duns 200 m ao longo do río.
Esta zona está en bo estado, poboada por abundante vexetación de ribeira, con algúns restos de lixo que será necesario retirar.
Continuar lendo “1ª xornada de traballo no Muiño da Brexa”Podes poñerte en contacto con nos para participar nas xornadas de voluntariado, asociarte, facer suxerencias ou informarnos dalgún problema ambiental que detectes.
Teléfono:
644 18 34 47
Correo electrónico:
brexa.asociacion@gmail.com
O domingo, 20/10/2019, teremos unha reunión ás 10:00 h no lugar de Vilamouro para tratar do acordo de custodia da parcela Muiño da Brexa, asinado recentemento co Concello de Carral.
Ao rematar a reunión, se o tempo o permite, teremos unha xornada de traballo no regato de Nilles.
A reunión está aberta a soci@s e a calquera que queira participar ou coñecer o proxecto de custodia.
Contacto:
email: brexa.asociación@gmail.es
tlfo: 698146685
Esta semana foi asinado concello de Carral e a nosa asociación o acordo de custodia entre o da parcela, propiedade do concello, situada na marxe esquerda do rio Brexa, entre o polígono industrial e o río.
A referencia catastral da parcela é 15021A011010360000RM cunha superficie de 24312 m2. A continuación podedes consultar mapas e fotos do terreo. Continuar lendo “Asinado o acordo de custodia do Muiño da Brexa”
A plataforma “Por un monte galego con futuro” convoca unha manifestación en Compostela o día 20 de outubro.
Ler o manifesto…