O día 9/11/2019 tivemos a nosa primeira xornada de voluntariado no Muiño da Brexa. A pesares da choiva que nos acompañou toda a mañá conseguimos rozar unha zona duns 200 m ao longo do río.
Esta zona está en bo estado, poboada por abundante vexetación de ribeira, con algúns restos de lixo que será necesario retirar.
O obxectivo das próximas xornadas é limpar unha zona ao longo do río para valorar o estado do terreo poder planificar os futuros traballos.