Desde o ano 2018 Brexa participa na xornada de Limpeza Simultánea de Ríos organizada polo Proxecto Ríos de Galiza. Este ano o lugar escollido foi os arredores da ponte de Xacín sobre o río Barcés, na parroquia de Sumio.
Participaron 32 voluntarios e voluntarias que traballaron beira e na canle do río cubrindo uns 700 m de ribeira.
Un grupo recolleu entullo nun punto de vertido na zona próxima á ponte cun peso de 700 kg.
Sabiamos que había varios neumáticos de gran tamaño que estabán semienterrados dentro da canle desde hai varias décadas. Con moito esforzo e habilidade os voluntarios conseguiron retiralos.
Agradecemos aos voluntarios e voluntarias polo traballo feito que foi especialmente dificultoso polo tipo de materiais recollidos.



































