O día 2 de febreiro realizamos unha actividade con alumnado do 4º curso de ESO do IES de Carral que xa participara o febreiro do ano pasado nunha plantación de cerdeiras no parque dos Capelos. Este ano traballaron na parcela do Muíño do Quenllo, nunha superficie duns 1000 m2. Plantáronse freixos, avelairas, ameneiros, pradairos, carballos e acivros que foron cedidas por un socio e proceden de plantas silvestres collidas na contorna.
Agradecemos ao alumnado a súa participación e destacamos o entusiasmo e iniciativa con que realizaron o traballo que supón un mellora importante no estado da parcela. O concello de Carral colaborou por medio das concellerías de Medio Ambiente e Educación e do Servizo de Protección Civil.
Xornada de voluntariado
O domingo 29/01/2023, de 10:30 a 13:30, temos unha xornada de voluntariado na parcela dos Muiños do Quenllo. Faremos traballos de mantemento nas zonas que traballamos o ano anterior.
O punto de encontro será, como habitualmente, no polígono dos Capelos a partir das 10:15.
Se queredes participar avisar por:
email: brexa.asociacion@gmai.com
tlfno: 698146685
Xornada divulgativa sobre anfibios
A noite do pasado sábado 19 tivo lugar unha xornada divulgativa sobre os anfibios da zona da Brexa. Estivo organizada polo Grupo Naturalista Hábitat, que tamén fixera unha xornada sobre avelaíñas na mesma zona o pasado mes de Agosto. Os ingresos por esta actividade doaraos a Brexa para nun futuro comprar algunha parcela degradada e transformala nun hábitat máis diverso.
Á cita acudiron 20 persoas que desfrutaron e aprenderon das explicacións dos membros do Grupo Naturalista Hábitat.
A noite foi un éxito xa que puidemos observar 8 das 8 especies de anfibios das que teñamos constancia que viven no contorno da Brexa:
- Sapo Raxado
- Sapo Común
- Limpafontes común
- Limpafontes palmeado
- Píntega rabilonga
- Píntega común
- Ra Galaica
- Ra patilonga
Dende aquí moitas grazas a asistentes e organizadores
Plantando árbores no día da Nai Terra
O domingo 25 de Abril celebramos o Día da Nai Terra cunha plantación de árbores autóctonas na parcela do Muiño da Brexa.
As árbores,suministradas pola Reserva das Mariñas, son de acivro, bidueiro, avelaira, pradairo, castiñeiro e carballo e organizamos a actividade en colaboración co concello de Carral.
O mal tempo impediu a asistencia da maioría dos voluntarios. A pesares diso os 8 participantes puideron plantar os 50 exemplares de acibros, carballos, freixos e aveleiras que foron aportados pola Reserva das Mariñas.
Despois da plantación fixemos un percorrido pola parcela para que os participantes puideron apreciar a mellora do estado da parcela despois de 2 anos de traballo.
Ademáis da plantación no día 25 a concellería de Medio Ambiente colaborou co desbroce dunha zona contigua da parcela, actualmente en estado de abandono, para facilitar a plantación de máis árbores autóctonas e protexer as que están medrando de forma natural.
Colabora:
Xornada no Muiño da Brexa
As restricións debidas á pandemia impediron a convocatoria normal de xornadas de traballo voluntario durante os últimos meses. Con todo continuamos traballando en pequenos grupos e mantendo as medidas de seguridade e respectando as normas.
Como se pode ver nas fotos chegamos á zona do muiño e ao extremo da parcela que linda coa N550.
Se a situación mellora temos como obxectivo completar unha primeira fase de limpeza antes do verán.
Xornada de voluntariado no Muiño da Brexa
O 16/02/2020 tivemos unha nova xornada de voluntariado no Muiño da Brexa, a primeira deste ano. Continuamos co desbroce do mato e corta de árbores caídas. Tamén se retiraron varias bolsas de lixo, principalmente plásticos.
Despois de varias xornadas temos preparados uns 300 m da ribeira e vimos a necesidade de repoñer árbores en algunhas zonas. Grazas a axuda de Daniela, a nosa socia máis nova, ao longo da mañá plantamos 25 freixos. Continuar lendo “Xornada de voluntariado no Muiño da Brexa”
Aves no entorno do Muiño da Brexa
Carrizo común (Troglodytes troglodytes)
Estorniño pinto (Sturnus vulgaris)
Ferreiriño bacachís, Ferreiriño azul (Parus caeruleus)
Ferreiriño subeliño (Aeghitalus caudatus)
Melro común (Turdus merula)
Papuxa das amoras femia (Sylvia atricapilla)
Pardal común (Passer domesticus)
Peizoque (Erithacus rubecula)
Peto real (Dendrocopus major)
Verderolo común (Carduelis chloris)
Anfibios no entorno do Muiño da Brexa
ANFIBIOS
Durante os meses de novembro e decembro de 2019 puidemos observar e identificar un gran número de anfibios gracias ao noso socio David Chas e os herpetólogos Miguel Puras Rivas, Rafael Vázquez e Martiño Rivas.
Consulta as fichas de identificación da SGHN.
Ra Vermella (Rana Temporaria)
Ra patilonga (Rana Ibérica)
Ra das veigas, sapo raxado (Discoglossus galganoi)
Fotos no Muiño da Brexa
Grazas ao noso socio David Chas temos estas fotos do Muiño da Brexa nas que comezamos a descubrir a fauna e a flora do entorno.
Ra vermella (rana temporaria)
Xornada de Voluntariado 24/11/2019
O noso socio David Chas atopou no Muiño da Brexa un exemplar de ra vermella (rana temporaria) que aparece no Catálogo Galego de Especies Ameazadas clasificada como especie vulnerable.
Púxose en contacto con Miguel Puras experto en anfibios e membro da Sociedade Galega de Historia Natural que se ofreceu para asesorarnos na xestión da parcela.
Continuar lendo “Xornada de Voluntariado 24/11/2019”