Presentámonos

“Brexa”, Asociación de Custodia do Territorio de Carral, nace coa intención de preservar a biodiversidade das terras da nosa contorna. Cremos na viabilidade dunha existencia harmónica co medio e na riqueza natural da nosa bisbarra. Co obxectivo de afianzala chegamos a acordos cos propietarios dos espazos que traballamos a prol de conservalos nun estado beneficioso para toda a veciñanza.
Pretendemos que este sexa un proxecto colaborativo ao que se poida sumar quen o desexe, tanto a través do voluntariado comprometido co traballo de campo, como a través doutro tipo de cooperación.
Se estás interesado en partillar esta experiencia connosco, podes contactarnos no seguinte correo electrónico: brexa.asociacion@gmail.com

Roteiro e magosto en Cerceda

MagostoO sábado día 11 de novembro fomos convidados pola asociación Lucerna de Cerceda a participar na Festa do Magosto que organizaron. Para alén de disfrutar das actividades e a compañía, presentámonos como asociación. Foi un encontro ben produtivo no que partillamos inquietudes comúns para mellorar a nosa contorna e establecemos contacto para iniciar colaboracións.