
O vindeiro sábado, 20 de xuño de 2026, faremos unha xornada adicada á popular tradición das herbas de San Xoan.
Durante esta xornada divulgativa falaremos das diferentes plantas que forman parte desta mestura tradicional, das súas propiedades e usos, así como dos rituais e crenzas asociados á noite máis máxica do ano en Galicia. A través da observación e da conversa, chegarémonos a un saber popular que combina natureza, cultura e identidade.
A actividade farémola en colaboración co Grupo Naturalista Habitat que nos aportan os expertos que nos guiaran no coñecemento desta plantas.
Nesta actividade NON recolleremos herbas, senón que aprenderemos a identificalas no seu medio natural, respectando os espazos e promovendo unha relación sostible coa contorna.
A actividade é gratuita e hai 20 prazas dispoñibles que se asignarán por orden de inscripción. A reserva será efectiva cando recibas confirmación no teu correo electrónico.
Se necesitas máis información escribe ao correo brexa.asociacion@gmail.com ou chama ao teléfono 698146685.

























