Xornada de Voluntariado 24/11/2019

ra vermella

O noso socio David Chas atopou no Muiño da Brexa un exemplar de ra vermella (rana temporaria) que aparece no Catálogo Galego de Especies Ameazadas clasificada como especie vulnerable.

Púxose en contacto con Miguel Puras experto en anfibios e membro da Sociedade Galega de Historia Natural que se ofreceu para asesorarnos na xestión da parcela.

Durante a mañá e a tarde do domingo percorrimos a parcela do Muiño da Brexa e o súa contorna, a Área Recreativa da Brexa, e o regato de Nilles onde Miguel foi identificando ata 7 especies diferentes de anfibios, algúns deles presentes en gran número.

Tamén nos deu consellos para facilitar zonas de cría e hábitats que axuden á supervivencia das diferentes especies que nos van ser moi útiles na futura xestión dos nosos proxectos.

Agradecemos a Miguel a súa presenza e esperamos poder continuar contando coa súa axuda no futuro.

Enlace á Galería de fauna no Muiño da Brexa

Deixa unha resposta