Xornada de Limpeza no río Barcés

O 7 de outubro organizamos unha xornada de voluntariado, dentro do Proxecto Ríos. Estas xornadas veñen celebrándose desde o ano 2008 en moitos ríos de Galiza.
Inicialmente estaba convocada para o 30 de setembro pero, debido a coincidencia co outro acto, trasladámolo para o domingo seguinte.
Xuntámonos un grupo de 11 persoas no  lugar de Xocín,  parroquia de Barcia,  e actuamos nun tramo de cerca de 1 km .
Despois de 3 horas de traballo retiramos máis de 100 kg de lixo da canle do rio. Entre os obxectos retirados temos 5 neumáticos, un fregadeiro, un inodoro e os restos dunha lavadora. A maioria destes obxectos levaban moitos anos no río.
Contamos coa colaboración do concello de Carral que aportou  2 contedores e o traslado do lixo recollido. Continuar lendo “Xornada de Limpeza no río Barcés”

XI Limpeza de Ríos

Desde o ano 2015,  Proxecto Ríos de Galicia organiza xornadas de voluntariado para a limpeza simultánea de ríos.  A nosa asociación acordou apoiar e difundir a iniciativa e animamos a participar na xornada deste ano que se celebra o día 30 de setembro.
Dado que moitos socios non poden asistir ese día decidimos organizar tamén unha xornada de limpeza o día 7 de outubro, de 10:30 a 13:30, no río Barcés.

Para participar contactar por
Teléfono: 698146685
Correo: brexa.asociacion@gmail.com

(É necesario contratar un seguro polo que se debe avisar con 24 h de anticipación. O importe é de aproximadamente 4 €)

Reunión día 20/09/2018

20 de setembroConvócase unha reunión da Asociación Brexa para o día 20 de setembro, xoves, ás 19:30, para organizar as próximas actividades. O lugar da reunión comunicaráse por correo electrónico.

VII Semana de Custodia do Territorio nas Mariñas Coruñesas

VIISemanaCustodiaMarinhas_CartelXeralEntre os días 15 e 23 de setembro celebrarase a VII edición da Semana de Custodia do Territorio, organizada pola Fundación Fragas do Mandeo e pola Asociación de Desenvolvemento Rural Mariña-Betanzos.
Dentro do programa hai interesantes conferencias en Sada, xornadas de voluntariado ambiental no ríos Mandeo e Lambre, e a quinta edición da eco-regata na ría de Betanzos.
Día 15: Ecoregata na ría de Betanzos.
Día 16: Voluntariado na eliminación de especies invasoras.
Día 22: Xornada Ollada sobre a biodiversidade local.
Día 23: Voluntariado na limpeza simultánea de ríos.

Contacto:
correo@fragasdomandeo.org
Tel: 981 105 903
Máis información…