O día 17 de xuño xuntámonos un grupo de socios e amigos para coñecer sobre o terreo unha plantación de cerdeiras feita pola familia de Mauro, un dos nosos socios, no lugar de Lodeiro, parroquia de Tabeaio.
O obxectivo é aprender dunha experiencia nun cultivo forestal alternativo ao eucalipto e poder nun futuro próximo asesorar e promover estas plantacións como unha das actividades da asociación.
Despois de encontrarnos no cruceiro de Tabeaio, dirixímonos ao monte onde Mauro nos explicou que no ano 2011 cortaron os eucaliptos e iniciaron a preparación do terreo.
O restos da corta foron amoreados enriba dos tocóns para dificultar o seu rebrote. Co mesmo fin, nos anos seguintes, deixaron medrar os toxos e trataron os tocóns con fungos especiais para acelerar os seu apodrecemento.
Co terreo xa preparado, en xaneiro deste ano, fíxose a plantación con cerdeiras nun marco de 6 m x 6 m e entremedias piñeiro do país para facilitar o crecemento en vertical.
Aquí podedes consultar un croquis da plantación.
As plantas foron subministradas polo viveiro A REVOLTA e a súa propietaria, Yvon Duo, respondeu ás nosas preguntas sobre esta plantación e outros temas que foron xurdindo.
A continuación desplazamonos ao viveiro, situado entre as parroquias de Andeiro e Sergude, onde puidemos ver o proceso de cultivo da planta de castiñeiro polo método de aporcado.
En nome da asociación agradecemos a Yvone a interesante información que nos deu e o tempo que nos adicou e felicitar a Mauro pola súa iniciativa que todos desexamos sirva da exemplo na loita contra o eucalipto.