O 16/02/2020 tivemos unha nova xornada de voluntariado no Muiño da Brexa, a primeira deste ano. Continuamos co desbroce do mato e corta de árbores caídas. Tamén se retiraron varias bolsas de lixo, principalmente plásticos.
Despois de varias xornadas temos preparados uns 300 m da ribeira e vimos a necesidade de repoñer árbores en algunhas zonas. Grazas a axuda de Daniela, a nosa socia máis nova, ao longo da mañá plantamos 25 freixos.