XIII Limpeza simultánea de ríos

Cartaz Mollate RiosPor 3º ano consecutivo participamos na xornada de limpeza simultánea de ríos organizada polo Proxecto Ríos e convocada para o domingo, 27 de setembro. O ano pasado traballamos no río Barcés nunha zona comprendida entre a Ponte de Amil é a Ponte das Cabras nas parroquias de Cañás e San Vicente de Vigo na súa marxe esquerda e as de Figueroa e Abegondo pola dereita. O obxectivo é retirar do río a maior cantidade posible de residuos polo que os participantes deberán traer botas, luvas e roupa apropiadas. Podedes consultar o Protocolo de Limpeza nesta ligazón. Poden participar menores sempre que veñan acompañados. Os voluntarios poden poñerse en contacto por medio do: correo electrónico: brexa.asociacion@gmail.com teléfono: 644 18 3447
Colaboran
Concello de Abegondo
Concello de Carral

Deixa unha resposta