Xornada de Limpeza no río Barcés

O 7 de outubro organizamos unha xornada de voluntariado, dentro do Proxecto Ríos. Estas xornadas veñen celebrándose desde o ano 2008 en moitos ríos de Galiza.
Inicialmente estaba convocada para o 30 de setembro pero, debido a coincidencia co outro acto, trasladámolo para o domingo seguinte.
Xuntámonos un grupo de 11 persoas no  lugar de Xocín,  parroquia de Barcia,  e actuamos nun tramo de cerca de 1 km .
Despois de 3 horas de traballo retiramos máis de 100 kg de lixo da canle do rio. Entre os obxectos retirados temos 5 neumáticos, un fregadeiro, un inodoro e os restos dunha lavadora. A maioria destes obxectos levaban moitos anos no río.
Contamos coa colaboración do concello de Carral que aportou  2 contedores e o traslado do lixo recollido. Continuar lendo “Xornada de Limpeza no río Barcés”