Xornada de Limpeza de Ríos

Fotos da actividade

Un ano máis representamos ao noso Concello na xornada de limpeza simultánea de ríos #MóllatePolosRíos, organizada por #adega, #Proxecto Ríos, #MITECO, #AugasdeGalicia, e, no noso caso, tamén coa axuda da Concellería de Medioambiente de Carral.
Este ano foron 59 concellos de toda Galicia os que se calzaron as botas e se aventuraron a recoller o lixo que, inexplicablemente, aínda podemos observar nos ríos de todo o país.
Pola nosa parte, xuntamos un saco de lixo dunha zona do Barcés que quedou limpa hai 2 anos e á que lle demos un repaso e retiramos especies invasoras, sobre todo Tradescantia Fluminensis, Croscosmia e unha poboación moi numerosa de Phytolacca americana. En total, quitamos case 250 quilos de invasoras e 10 quilos de lixo.
Desde este pequeno recuncho, facemos un chamamento ás autoridades medioambientais para que poñan en marcha plans integrais para a erradicación, ou polo menos a redución, desas masas que desprazan de xeito alarmante a flora autóctona con resultados como son a perda de calidade da auga, a erosión das marxes dos ríos ou o secado pequenos regatos que alimentan os ríos principais.

XV Limpeza simultánea de ríos

mollateRios_25_09_2022

O pasado día 25 de setembro participamos na xornada de limpeza simultánea de ríos o domingo convocada polo Proxecto Ríos.

Coa colaboración de 15 voluntari@s traballamos na río Barcés na zona comprendida entre a ponte de Bordel e a ponte de Pontelago, nas parroquias de Sarandóns e Paleo.

Retiramos uns 100 kg de lixo composto por plásticos, neumáticos e tuberías.

Recolleronse exemplares da especie invasora phytolacca americana, que se estaba extendendo nunha zona da ribeira.

Contamos tamén coa colaboración da concellería de medio ambiente do Concello de Carral asi como da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil.

Mollate polos ríos 2019

Limpando
A XII edición da Xornada de Limpeza Simultánea de Ríos, organizada por Proxecto Ríos en Galicia, celebrouse o pasado día 29 de setembro.

O ano anterior traballamos no río Barcés ao seu paso pola parroquia de Barcia. Nesta ocasión seleccionamos unha zona do río Barcés que cruza as parroquias de Cañás e San Vicente de Vigo na súa marxe esquerda e as de Figueroa e Abegondo pola dereita.

Continuar lendo “Mollate polos ríos 2019”

Mollate polos ríos 2019

Mollate polos ríosO día 29 de setembro o Proxecto Ríos convoca a XII edición da Xornada de Limpeza Simultánea nos ríos galegos. A nosa asociación participa por 2º ano e seleccionamos unha zona, entre as parroquias de Cañás e Figueroa, na que detectamos a presenza de plásticos, neumáticos e outros residuos.

Os voluntarios poden poñerse en contacto por medio do correo electrónico brexa.asociacion@gmail.com ou no teléfono 698146685.