O día 4 de Outubro participaremos nunha nova Xornada de Limpeza Simultánea de Ríos organizada polo Proxecto Ríos. A limpeza faráse no río Barcés e consistirá na retirada de lixo e a eliminación de especies invasoras.
A zona escollida está situada no lugar de Xocín na parroquia de Sumio. O punto de encontro está na ponte que cruza o Barcés (podes consultalo neste enlace) ás 10:30 e remataremos a xornada ás 13:30.
Se queres participar envíanos un correo cos teus datos (nome completo, DNI, móbil, concello de residencia e data de nacemento), para poder facerche un seguro de accidentes, comunicarche cambios de última hora e facilitárno-la organización. Se o prefires podes inscribirte directamente neste formulario.
Recordar levar vestimenta e calzado apropiado de acordo coas previsións metereolóxicas.
Por favor, difunde este evento entre os teus contactos persoais e nas redes sociais para que chegue a tódolos interesados.


