O día 29 de setembro o Proxecto Ríos convoca a XII edición da Xornada de Limpeza Simultánea nos ríos galegos. A nosa asociación participa por 2º ano e seleccionamos unha zona, entre as parroquias de Cañás e Figueroa, na que detectamos a presenza de plásticos, neumáticos e outros residuos.
Os voluntarios poden poñerse en contacto por medio do correo electrónico brexa.asociacion@gmail.com ou no teléfono 698146685.