O ano anterior traballamos no río Barcés ao seu paso pola parroquia de Barcia. Nesta ocasión seleccionamos unha zona do río Barcés que cruza as parroquias de Cañás e San Vicente de Vigo na súa marxe esquerda e as de Figueroa e Abegondo pola dereita.
A xornada comezou con unha intensa choiva que estivo a piques de impedir o traballo, pero finalmente 25 voluntarias e voluntarios traballaron, ao longo de 700 m, nun treito do río situado entre a Ponte de Amil é a Ponte das Cabras.
A pesar da reducida lonxitude retiráronse máis de 200 kg de lixo procedente tanto da canle como da beira do río. Recolleuse unha gran cantidade de plásticos de uso agrícola, electrodomésticos, neumáticos, etc.
Agradecemos aos voluntarios o traballo realizado e tamén aos concellos de Abegondo e Carral pola colaboración prestada para a recollida do material e a difusión da actividade.
Colaboraron
Galería de Fotos