
O día 20 de marzo proxectamos o documental Filtrando a Luz do director Xacobe Meléndrez Fassbender. Organizamos o acto en colaboración do Concello de Carral dentro do 4º Ciclo de Cine Documental Galego.
Este documental elaborado co material do Proxecto Raices promovido pola Federación Ecoloxísta Galega que recolle a historia do movemento ecoloxista galego dos últmos 60 anos, contada polos seus protagonistas.
Ao rematar a proxección houbo un coloquio do director co público asistente sobre o documental e tamén sobre a actualidade do ecoloxísmo en Galiza.