
O ano anterior traballamos no río Barcés ao seu paso pola parroquia de Barcia. Nesta ocasión seleccionamos unha zona do río Barcés que cruza as parroquias de Cañás e San Vicente de Vigo na súa marxe esquerda e as de Figueroa e Abegondo pola dereita.
Actividades nas que realizamos algún traballo de campo

O ano anterior traballamos no río Barcés ao seu paso pola parroquia de Barcia. Nesta ocasión seleccionamos unha zona do río Barcés que cruza as parroquias de Cañás e San Vicente de Vigo na súa marxe esquerda e as de Figueroa e Abegondo pola dereita.
O día 29 de setembro o Proxecto Ríos convoca a XII edición da Xornada de Limpeza Simultánea nos ríos galegos. A nosa asociación participa por 2º ano e seleccionamos unha zona, entre as parroquias de Cañás e Figueroa, na que detectamos a presenza de plásticos, neumáticos e outros residuos.
Os voluntarios poden poñerse en contacto por medio do correo electrónico brexa.asociacion@gmail.com ou no teléfono 698146685.
O día 2 de marzo tivemos a nosa primeira xornada de voluntariado no regato de Nilles. Ademais das labores de limpeza no regato e nas súas marxes, iniciamos o enchido de auga do antigo lavadoiro coa intención de ter un pequeno habitat para anfibios, que completaremos nun futuro co pequeno encoro que hai a continuación. Continuar lendo “Xornada de voluntariado o día 2 de marzo”
O 7 de outubro organizamos unha xornada de voluntariado, dentro do Proxecto Ríos. Estas xornadas veñen celebrándose desde o ano 2008 en moitos ríos de Galiza.
Inicialmente estaba convocada para o 30 de setembro pero, debido a coincidencia co outro acto, trasladámolo para o domingo seguinte.
Xuntámonos un grupo de 11 persoas no lugar de Xocín, parroquia de Barcia, e actuamos nun tramo de cerca de 1 km .
Despois de 3 horas de traballo retiramos máis de 100 kg de lixo da canle do rio. Entre os obxectos retirados temos 5 neumáticos, un fregadeiro, un inodoro e os restos dunha lavadora. A maioria destes obxectos levaban moitos anos no río.
Contamos coa colaboración do concello de Carral que aportou 2 contedores e o traslado do lixo recollido. Continuar lendo “Xornada de Limpeza no río Barcés”
Desde o ano 2015, Proxecto Ríos de Galicia organiza xornadas de voluntariado para a limpeza simultánea de ríos. A nosa asociación acordou apoiar e difundir a iniciativa e animamos a participar na xornada deste ano que se celebra o día 30 de setembro.
Dado que moitos socios non poden asistir ese día decidimos organizar tamén unha xornada de limpeza o día 7 de outubro, de 10:30 a 13:30, no río Barcés.
Para participar contactar por
Teléfono: 698146685
Correo: brexa.asociacion@gmail.com
(É necesario contratar un seguro polo que se debe avisar con 24 h de anticipación. O importe é de aproximadamente 4 €)
Nesta xornada continuamos coa limpeza do regato e os arredores. Grazas ao traballo feito e as choivas a auga xa chega ao lavadoiro como podedes apreciar nas fotos.