Limpeza simultánea de ríos 2026

mollate polos rios 2026

Desde o ano 2018 Brexa participa na xornada de Limpeza Simultánea de Ríos organizada polo Proxecto Ríos de Galiza. Este ano o lugar escollido foi os arredores da ponte de Xacín sobre o río Barcés, na parroquia de Sumio.

Participaron 32 voluntarios e voluntarias que traballaron beira e na canle do río cubrindo uns 700 m de ribeira.

Un grupo recolleu entullo nun punto de vertido na zona próxima á ponte cun peso de 700 kg.

Sabiamos que había varios neumáticos de gran tamaño que estabán semienterrados dentro da canle desde hai varias décadas. Con moito esforzo e habilidade os voluntarios conseguiron retiralos.

Agradecemos aos voluntarios e voluntarias polo traballo feito que foi especialmente dificultoso polo tipo de materiais recollidos.

Limpeza Simultánea de Ríos 2026

Móllate polos Ríos 2026

O día 4 de Outubro participaremos nunha nova Xornada de Limpeza Simultánea de Ríos organizada polo Proxecto Ríos. A limpeza faráse no río Barcés e consistirá na retirada de lixo e a eliminación de especies invasoras.

A zona escollida está situada no lugar de Xocín na parroquia de Sumio. O punto de encontro está na ponte que cruza o Barcés (podes consultalo neste enlace) ás 10:30 e remataremos a xornada ás 13:30.

Se queres participar envíanos un correo cos teus datos (nome completo, DNI, móbil, concello de residencia e data de nacemento), para poder facerche un seguro de accidentes, comunicarche cambios de última hora e facilitárno-la organización. Se o prefires podes inscribirte directamente neste formulario.

Recordar levar vestimenta e calzado apropiado de acordo coas previsións metereolóxicas.

Por favor, difunde este evento entre os teus contactos persoais e nas redes sociais para que chegue a tódolos interesados.

Limpeza simultánea de ríos 2023

Por 6º ano consecutivo participamos na convocatoria de Limpeza Simultánea de Ríos organizada polo proxecto Ríos. Coa colaboración de 22 voluntarios limpamos unha zona do río Barcés situada na parroquia de Sumio (Carral) cerca do comezo da estrada á Cabra.

Actuamos ao longo duns 500 m e retiramos uns 250 kg de residuos de diferente tipo, entre eles 16 neumáticos, restos de neveiras, vidros, etc.

O concello de Carral colaborou poñendo á nosa disposición 2 contedores de lixo e coa recollida do lixo e transporte ao punto limpo.

Damos a grazas aos voluntarios e ao concello pola súa colaboración.

Colaboran:

Galería de imaxes

Continuar lendo “Limpeza simultánea de ríos 2023”