O día 2 de marzo tivemos a nosa primeira xornada de voluntariado no regato de Nilles. Ademais das labores de limpeza no regato e nas súas marxes, iniciamos o enchido de auga do antigo lavadoiro coa intención de ter un pequeno habitat para anfibios, que completaremos nun futuro co pequeno encoro que hai a continuación. Continuar lendo “Xornada de voluntariado o día 2 de marzo”
Xornada de traballo o día 24
Nesta xornada continuamos coa limpeza do regato e os arredores. Grazas ao traballo feito e as choivas a auga xa chega ao lavadoiro como podedes apreciar nas fotos.





