Acordo de colaboración coa Asociación Down Coruña

Actividade voluntariado 28_01_2026

A Asociación Down Coruña ten como finalidade principal a realización de actividades que melloren a calidade de vida das persoas con Síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais por medio da súa inclusión social.

Entre outros desenvolve programas relacionados coa conservación ambiental polo que ambas entidades decidimos asinar un acordo de colaboración para a realización de actividades de voluntariado na que participen os seus asociados.

Tivemos unha primeira xornada para coñecer o noso proxecto dos Muíños do Casal e Bordón. Nunha segunda xornada retiraron polas do camiño que vai do Centro Social de Ans ata o río Barcés e tamén retiramos tradescantia na canle do Muíño do Casal.

Nas actividades participaron cinco persoas usuarias do programa acompañadas de Cristina Simón e Francisco Illanes como profesional de apoio e responsable do programa respectivamente. Os dous valoraron positivamente a actividade en relación á mellora da mobilidade nun terreo con relativa difucultade.

O traballo que fixeron tivo un impacto apreciable na mellora do camiño que forma parte do Roteiro do Muíño do Casal que elaboramos recentemente, e avanzamos na eliminación de especies invasoras na zona.

Nas seguintes xornadas temos previstas outras actividades como a colocación de caixas niño, identificación de especies animais e elaboración dunha guía fotográfica dos valores da área,

,

Roteiro do Muíño do Casal

Roteiro Muíño do Casal en wikiloc

Creamos unha conta en Wikiloc para difundir roteiros que teñan relación coa zonas que estamos custodiando.

O primeiro que subimos ten o título do Muíño do Casal. É un roteiro circular que empeza no Centro Social de Ans e continúa por un camiño recuperado recentemente grazas á colaboración do Concello de Carral.

Este camiño leva ao río Barcés onde estamos desenvolvendo o proxecto dos Muíños do Casal e do Bordón. Aí continúa pola antiga canle do Muíño do Casal ata a ponte vella, cerca de Ardexurxo. O regreso faise polo Monte do Casal ata chegar novamente ao Centro Social.

Rogamos respetade as normas comúns de calquer espazo natural, e agardamos que disfrutedes do roteiro. Se estades interesad@s en saber algo mais ou facer visitas guiadas podedes contactar con nós.

Unha nova parcela en propiedade

Vista da parcela Codeseira

O pasado 6 de novembro asinamos a compra duna parcela de 4100 m2 de superficie situada na beira do Barcés que pasa a formar do proxecto dos Muíños do Casal e do Bordón.

A parcela coñecida como a leira de A Codeseira ten sobre todo freixos e bidueiros. Tamén hai algún eucalipto e algunhas plantas de Herba Tintureira (Phytolacca Americana) que empezaremos a eliminar ao longo do próximo ano.

Linda coa parcela Prado do Casal, que escrituraramos no ano 2024, e coa parcela na que está o Muíño do Casal sobre a que temos un acordo de custodia. Moi próximas están as parcelas do Prado da Poza e da Argañana que mercarámos nos anos 2023 e 2024.

En total temos uns 8500 m2 en propiedade que van ser a base do proxecto de Área Natural dos Muíños do Casal e do Bordón que pretendemos desenvolver nos próximos anos.Ademáis temos un acordo de custodia a longo prazo con outras parcelas lindantes por uha superficie de 1 ha.

A Deputación de A Coruña concedeunos unha axuda que representa o 60 % dos gastos de compra da parcela. O concello de Carral aporta o 22 % e o resto procede das cotas e de doazóns.

concello de Carral