Roteiro polo Rego da Ouceira

Invitados pola Xunta Rectora da Comunidade de Monte Veciñal en Man Común de Castelo o día 5/07/2020, celebramos unha xornada de convivencia na que participamos membros das dúas entidades.
O punto de encontro foi diante do polideportivo de Castelo, onde o presidente da Xunta Rectora, Jesús Ferreño, nos informou brevemente sobre a historia da comunidade e tamén sobre o seu funcionamento e os seus proxectos.
A continuación iniciamos un pequeno roteiro polos terreos da comunidade subindo pola ladeira do Monte Xalo, onde puidemos apreciar as novas plantacións de castiñeiros e unha das dúas mámoas situadas dentro do monte.
Regresamos pola beira do regato da Ouceira (afluente do río Brexa), que descende cunha pronunciada pendente formando unha zona de gran valor natural.
Ao remate da actividade acordamos organizarlles unha visita aos proxectos que temos en marcha e tamén estudar a posibilidade de colaborar no futuro nalgún proxecto de conservación, posiblemente na beira do regato da Ouceira.

Colectivos Ecoloxistas activan Alerta Ambiental

Máis dun cento de colectivos, entre os que está esta asociación, presentaron un recurso fronte a Orde da Consellería de Medio Ambiente pola que se da continuidade á tramitación de case 1000 expedientes administrativos sobre proxectos con forte impacto ambiental durante o estado de alarma.
Podedes consultar o texto completo do recurso aquí.

Colabora con nos

Faite soci@!

Podes colaborar facéndote soci@ por unha cota mínima de 10 € ao ano que che dará dereito a un seguro de voluntariado valido para o ano en curso.

Fai unha doazón

ponteUn dos medios para conseguir a custodia é a compra de terreos con valor ecolóxico. As doazóns destinaranse exclusivamente para esa finalidade.

Asina un acordo

Se es propietari@ dun terreo podemos asinar un acordo de custodia ou asesorarte e axudarche a facer unha xestión ecolóxica.

Xornada de voluntariado no Muiño da Brexa

O 16/02/2020 tivemos unha nova xornada de voluntariado no Muiño da Brexa, a primeira deste ano. Continuamos co desbroce do mato e corta de árbores caídas. Tamén se retiraron varias bolsas de lixo, principalmente plásticos.
Despois de varias xornadas temos preparados uns 300 m da ribeira e vimos a necesidade de repoñer árbores en algunhas zonas. Grazas a axuda de Daniela, a nosa socia máis nova, ao longo da mañá plantamos 25 freixos. Continuar lendo “Xornada de voluntariado no Muiño da Brexa”

Asinado o acordo de custodia do Muiño da Brexa

voAmericanoEsta semana foi asinado concello de Carral e a nosa asociación o acordo de custodia entre o da parcela, propiedade do concello, situada na marxe esquerda do rio Brexa, entre o polígono industrial e o río.

A referencia catastral da parcela é 15021A011010360000RM cunha superficie de 24312 m2. A continuación podedes consultar mapas e fotos do terreo. Continuar lendo “Asinado o acordo de custodia do Muiño da Brexa”

Mollate polos ríos 2019

Limpando
A XII edición da Xornada de Limpeza Simultánea de Ríos, organizada por Proxecto Ríos en Galicia, celebrouse o pasado día 29 de setembro.

O ano anterior traballamos no río Barcés ao seu paso pola parroquia de Barcia. Nesta ocasión seleccionamos unha zona do río Barcés que cruza as parroquias de Cañás e San Vicente de Vigo na súa marxe esquerda e as de Figueroa e Abegondo pola dereita.

Continuar lendo “Mollate polos ríos 2019”