Grazas ao noso socio David Chas temos estas fotos do Muiño da Brexa nas que comezamos a descubrir a fauna e a flora do entorno.
Xornada de Voluntariado 24/11/2019
O noso socio David Chas atopou no Muiño da Brexa un exemplar de ra vermella (rana temporaria) que aparece no Catálogo Galego de Especies Ameazadas clasificada como especie vulnerable.
Púxose en contacto con Miguel Puras experto en anfibios e membro da Sociedade Galega de Historia Natural que se ofreceu para asesorarnos na xestión da parcela.
Continuar lendo “Xornada de Voluntariado 24/11/2019”
1ª xornada de traballo no Muiño da Brexa
O día 9/11/2019 tivemos a nosa primeira xornada de voluntariado no Muiño da Brexa. A pesares da choiva que nos acompañou toda a mañá conseguimos rozar unha zona duns 200 m ao longo do río.
Esta zona está en bo estado, poboada por abundante vexetación de ribeira, con algúns restos de lixo que será necesario retirar.
Continuar lendo “1ª xornada de traballo no Muiño da Brexa”Asinado o acordo de custodia do Muiño da Brexa
Esta semana foi asinado concello de Carral e a nosa asociación o acordo de custodia entre o da parcela, propiedade do concello, situada na marxe esquerda do rio Brexa, entre o polígono industrial e o río.
A referencia catastral da parcela é 15021A011010360000RM cunha superficie de 24312 m2. A continuación podedes consultar mapas e fotos do terreo. Continuar lendo “Asinado o acordo de custodia do Muiño da Brexa”
Mollate polos ríos 2019

O ano anterior traballamos no río Barcés ao seu paso pola parroquia de Barcia. Nesta ocasión seleccionamos unha zona do río Barcés que cruza as parroquias de Cañás e San Vicente de Vigo na súa marxe esquerda e as de Figueroa e Abegondo pola dereita.
Xornada de voluntariado o día 2 de marzo
O día 2 de marzo tivemos a nosa primeira xornada de voluntariado no regato de Nilles. Ademais das labores de limpeza no regato e nas súas marxes, iniciamos o enchido de auga do antigo lavadoiro coa intención de ter un pequeno habitat para anfibios, que completaremos nun futuro co pequeno encoro que hai a continuación. Continuar lendo “Xornada de voluntariado o día 2 de marzo”
Xornada de Limpeza no río Barcés
O 7 de outubro organizamos unha xornada de voluntariado, dentro do Proxecto Ríos. Estas xornadas veñen celebrándose desde o ano 2008 en moitos ríos de Galiza.
Inicialmente estaba convocada para o 30 de setembro pero, debido a coincidencia co outro acto, trasladámolo para o domingo seguinte.
Xuntámonos un grupo de 11 persoas no lugar de Xocín, parroquia de Barcia, e actuamos nun tramo de cerca de 1 km .
Despois de 3 horas de traballo retiramos máis de 100 kg de lixo da canle do rio. Entre os obxectos retirados temos 5 neumáticos, un fregadeiro, un inodoro e os restos dunha lavadora. A maioria destes obxectos levaban moitos anos no río.
Contamos coa colaboración do concello de Carral que aportou 2 contedores e o traslado do lixo recollido. Continuar lendo “Xornada de Limpeza no río Barcés”
Xornada informativa sobre plantacións de árbores autóctonas
O día 17 de xuño xuntámonos un grupo de socios e amigos para coñecer sobre o terreo unha plantación de cerdeiras feita pola familia de Mauro, un dos nosos socios, no lugar de Lodeiro, parroquia de Tabeaio.
O obxectivo é aprender dunha experiencia nun cultivo forestal alternativo ao eucalipto e poder nun futuro próximo asesorar e promover estas plantacións como unha das actividades da asociación. Continuar lendo “Xornada informativa sobre plantacións de árbores autóctonas”