VII Semana de Custodia do Territorio nas Mariñas Coruñesas

VIISemanaCustodiaMarinhas_CartelXeralEntre os días 15 e 23 de setembro celebrarase a VII edición da Semana de Custodia do Territorio, organizada pola Fundación Fragas do Mandeo e pola Asociación de Desenvolvemento Rural Mariña-Betanzos.
Dentro do programa hai interesantes conferencias en Sada, xornadas de voluntariado ambiental no ríos Mandeo e Lambre, e a quinta edición da eco-regata na ría de Betanzos.
Día 15: Ecoregata na ría de Betanzos.
Día 16: Voluntariado na eliminación de especies invasoras.
Día 22: Xornada Ollada sobre a biodiversidade local.
Día 23: Voluntariado na limpeza simultánea de ríos.

Contacto:
correo@fragasdomandeo.org
Tel: 981 105 903
Máis información…

Convocatoria de reunión 25/02/18

Convócase unha reunión da Asociación Brexa para o día 25 de xaneiro, xoves, ás 20:00 no bar Hórreo, “A casa do viño con mel” (Ans 19, Carral). Está aberta a todos aqueles que queiran participar, achegar ideas e propostas para levar a cabo, agora que xa estamos rexistrados oficialmente.

Algúns dos acordos da reunión:
Apoiar a ILP para mudar a Lei Forestal promovida por Cousas de Raices
Renovar os seguros para o 2018 para socios e voluntarios
Contactos con outras asociacións de custodia
Facer un acordo de custodia no “Monte de Nilles”
Novas liñas de traballo para a asociación e novos proxectos
Incluir no blog unha listaxe de zonas a preservar no concello.

Concerto Expansivo por un Monte Vivo

O día 20 de xaneiro terá lugar ás 22:30 en Tabeaio, Carral, unha edición máis da serie “Concerto Expansivo por un Monte Vivo” que se vén celebrando por toda Galicia para amosar a indignación e solidariedade ante a vaga de incendios do outubro pasado. Os cartos que se recauden destinaranse a proxectos de recuperación ambiental de colectivos ecoloxistas como Amigos da Terra, Adega, Amigos das Árbores da Limia ou Amigos das Árbores de Ourense.