Nesta xornada continuamos coa limpeza do regato e os arredores. Grazas ao traballo feito e as choivas a auga xa chega ao lavadoiro como podedes apreciar nas fotos.
Acta da reunión do 25/1/2018
Convocatoria de reunión 25/02/18
Convócase unha reunión da Asociación Brexa para o día 25 de xaneiro, xoves, ás 20:00 no bar Hórreo, “A casa do viño con mel” (Ans 19, Carral). Está aberta a todos aqueles que queiran participar, achegar ideas e propostas para levar a cabo, agora que xa estamos rexistrados oficialmente.
Algúns dos acordos da reunión:
Apoiar a ILP para mudar a Lei Forestal promovida por Cousas de Raices
Renovar os seguros para o 2018 para socios e voluntarios
Contactos con outras asociacións de custodia
Facer un acordo de custodia no “Monte de Nilles”
Novas liñas de traballo para a asociación e novos proxectos
Incluir no blog unha listaxe de zonas a preservar no concello.
Concerto Expansivo por un Monte Vivo
O día 20 de xaneiro terá lugar ás 22:30 en Tabeaio, Carral, unha edición máis da serie “Concerto Expansivo por un Monte Vivo” que se vén celebrando por toda Galicia para amosar a indignación e solidariedade ante a vaga de incendios do outubro pasado. Os cartos que se recauden destinaranse a proxectos de recuperación ambiental de colectivos ecoloxistas como Amigos da Terra, Adega, Amigos das Árbores da Limia ou Amigos das Árbores de Ourense.
Charla contra a Velutina
Roteiro e magosto en Cerceda
O sábado día 11 de novembro fomos convidados pola asociación Lucerna de Cerceda a participar na Festa do Magosto que organizaron. Para alén de disfrutar das actividades e a compañía, presentámonos como asociación. Foi un encontro ben produtivo no que partillamos inquietudes comúns para mellorar a nosa contorna e establecemos contacto para iniciar colaboracións.