Data | Concepto | Importe | Saldo |
---|---|---|---|
1/1/2022 | Saldo 2021 | 1371,73 | 1371,73 |
3/1/2022 | Cota soci@ | 15,00 | 1386,73 |
4/1/2022 | Cota soci@ | 15,00 | 1401,73 |
4/01/2022 | Cota soci@ | 15,00 | 1416,73 |
6/01/2022 | Cota soci@ | 15,00 | 1431,73 |
11/01/2022 | Cota soci@, 2021 | 10,00 | 1441,73 |
11/01/2022 | Cota soci@ | 15,00 | 1456,73 |
11/01/2022 | Cota soci@ | 15,00 | 1471,73 |
13/01/2022 | Cota soci@ | 15,00 | 1486,73 |
14/01/2022 | Cota soci@ | 15,00 | 1501,73 |
14/01/2022 | Cota soci@ | 15,00 | 1516,73 |
20/01/2022 | Cota soci@ | 20,00 | 1536,73 |
20/01/2022 | Cota soci@ | 15,00 | 1551,73 |
20/01/2022 | Cota soci@ | 15,00 | 1566,73 |
21/01/2022 | Cota soci@ | 15,00 | 1581,73 |
25/01/2022 | Cota soci@ | 15,00 | 1596,73 |
31/01/2022 | Recibo Dinahosting | -65,34 | 1531,39 |
01/02/2022 | Cota soci@ | 15,00 | 1546,39 |
15/02/2022 | Cota soci@ | 15,00 | 1561,39 |
15/02/2022 | factura Solred | -30,00 | 1531,39 |
22/02/2022 | factura Agrobotica | -36,30 | 1495,09 |
28/02/2022 | Doazón GN Hábitat | 81,00 | 1576,09 |
08/03/2022 | Doazón Viveiros A Revolta | 380,00 | 1956,09 |
05/04/2022 | Seguros Pere Tarrés | -52,00 | 1904,09 |
23/05/2022 | Protectores árbores, TodoCultivo | -114,32 | 1789,77 |
22/02/2022 | Cota soci@ | 36,30 | 1597,69 |
14/06/2022 | Fotocopias, Codize | 16,40 | 1773,37 |
14/06/2022 | Cota soci@ | 82,70 | 1856,07 |
14/06/2022 | Gastos banco | -20,00 | 1836,07 |
05/09/2022 | Doazón GN Hábitat | 170,00 | 2006,07 |
05/09/2022 | Gastos banco | -20,00 | 1986,07 |
29/12/2022 | Cota soci@ | 15,00 | 2001,07 |
29/12/2022 | Cota soci@ | 15,00 | 2016,07 |
02/01/2023 | Cota soci@ | 25,00 | 2041,07 |
12/01/2023 | Rozar parcela, Viveiros A Revolta | -850,75 | 1190,32 |
27/01/2023 | Subvención Concello de Carral | 1177,89 | 2368,21 |
Acta da asemblea celebrada o 13/10/2022
REUNIÓN extraORDINARIA CELEBRADA O DÍA 13/10/2022 ás 20:00 NO Local social de Ans (Carral)
Orde do día:
- Renovación dos integrantes da Xunta Directiva
- Autorizar a solicitude,descarga e uso do certificado electrónico de usuario para as relacións coa Administración.
- Aprobación das contas do ano 2021.
- Informe de actividades.
- Rogos e preguntas.
XV Limpeza simultánea de ríos
O pasado día 25 de setembro participamos na xornada de limpeza simultánea de ríos o domingo convocada polo Proxecto Ríos.
Coa colaboración de 15 voluntari@s traballamos na río Barcés na zona comprendida entre a ponte de Bordel e a ponte de Pontelago, nas parroquias de Sarandóns e Paleo.
Retiramos uns 100 kg de lixo composto por plásticos, neumáticos e tuberías.
Recolleronse exemplares da especie invasora phytolacca americana, que se estaba extendendo nunha zona da ribeira.
Contamos tamén coa colaboración da concellería de medio ambiente do Concello de Carral asi como da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil.
XVIII Encontro de Voluntariado do Proxecto Ríos
A nosa asociación participa, desde o ano 2018, nas campañas de Limpeza Simultánea de Ríos organizadas por Proxecto Ríos.
Esta asociación tamén organiza anualmente un Encontro de Voluntariado e este ano decidiron celebralo, en colaboración con nos, o día 2 de xullo.
Os 14 participantes realizaron un percorrido ao longo do rio Brexo, na parcela dos Muiños da Brexa que temos en custodia.
Aproveitouse a ocasión para facer traballos de mantemento, limpeza e eliminación de plantas invasoras.
Rematamos a actividade cun pequeno xantar de convivencia onde se continuaron comentando as posibilidades que a custodia fluvial ofrece para a conservación dos ríos.
Programa de actividades:
10:30 Encontro no Polígono Os Capelos, no concello de Carral.
11:30 Baixada ao río Brexa, pequeno roteiro e actividades de mantemento.
12:30 Visita á área recreativa do río Brexa.
14:00 Xantar comunitario a cargo do Proxecto Ríos.
15:30 Remate da Encontro de Voluntariado.
Alumnas e alumnos do IES de Carral plantan cerdeiras
O día 23 de febreiro 60 alumnas e alumnos de 3º de ESO realizaron unha actividade, organizada pola nosa asociación, na que plantaron 60 cerdeiras.
A plantación fíxose nunha parcela, propiedade do concello de Carral e situada no polígono dos Capelos, ocupando unha superficie aproximada de 2500 m2. Actualmente ten unha parte plantada de castaños, piñeiros e froiteiras pero a maior parte está ocupada por silvas e toxos. O obxectivo é transformar a zona nun pequeno bosque para o uso das veciñas e veciños de Carral.
As plantas foron cedidas polo Servizo de Montes da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural.
As concellerías de Educación e Medio Ambiente colaboraron na organización e facendo unha rozadura previa do terreo coa maquinaria e persoal propios.
Tamén queremos agradecer ao Servizo de Protección Civil a súa axuda no desprazamentos do alumnado e durante a actividade.
O bo tempo acompañounos e os nenos e nenas traballaron con entusiasmo plantando, retirando lixo, polas e troncos. Co motivo da celebración do día de Rosalía léronse varios poemas.
Agradecemos o seu traballo e esperamos continuar contando coa súa colaboración no coidado destas árbores.
Xornada divulgativa sobre anfibios
A noite do pasado sábado 19 tivo lugar unha xornada divulgativa sobre os anfibios da zona da Brexa. Estivo organizada polo Grupo Naturalista Hábitat, que tamén fixera unha xornada sobre avelaíñas na mesma zona o pasado mes de Agosto. Os ingresos por esta actividade doaraos a Brexa para nun futuro comprar algunha parcela degradada e transformala nun hábitat máis diverso.
Á cita acudiron 20 persoas que desfrutaron e aprenderon das explicacións dos membros do Grupo Naturalista Hábitat.
A noite foi un éxito xa que puidemos observar 8 das 8 especies de anfibios das que teñamos constancia que viven no contorno da Brexa:
- Sapo Raxado
- Sapo Común
- Limpafontes común
- Limpafontes palmeado
- Píntega rabilonga
- Píntega común
- Ra Galaica
- Ra patilonga
Dende aquí moitas grazas a asistentes e organizadores
Plantando cerdeiras no Monte de Paleo
O pasado 20 de xaneiro 50 alumnas e alumnos de 6º curso do colexio de Vicente Otero de Carral realizaron unha actividade de reforestación no Monte de Paleo, organizada pola nosa asociación.
A parcela está dentro da proposta de convenio de custodia co concello de Carral. Os alumnos foron camiñando desde o colexio ata a parcela onde plantaron unhas 100 cerdeiras de variedades autóctonas aportadas polo concello.
As concellerías de Educación, Medio Ambiente e Participación cidadá e o Servizo de Protección Civil colaboraron na organización da actividade.
Agradecemos ao alumnado o seu traballo neste novo proxecto que se inicia coa plantación e que terá que recibir nos próximos anos máis coidados ata conseguir un pequeno bosque para o desfrute de todos.