Xornada informativa sobre plantacións de árbores autóctonas

MonteO día 17 de xuño xuntámonos un grupo de socios e amigos para coñecer sobre o terreo unha plantación de cerdeiras feita pola familia de Mauro, un dos nosos socios, no lugar de Lodeiro, parroquia de Tabeaio.

O obxectivo é aprender dunha experiencia  nun cultivo forestal alternativo ao eucalipto e poder nun futuro próximo asesorar e promover estas plantacións como unha das actividades da asociación. Continuar lendo “Xornada informativa sobre plantacións de árbores autóctonas”

Xornada informativa

O domingo 17 de xuño ás 11:00 teremos unha xornada informativa sobre plantacións de árbores autóctonas (cerdeiras, castiñeiros,…). Visitaremos unha recente plantación de cerdeiras que realizou Mauro, técnico en aproveitamento e conservación do medio natural ademais de ecolabrego. Podedes atopar información sobre a súa actividade laboral na seguinte ligazón: https://www.facebook.com/ecolleita/. A continuación visitaremos o viveiro A Revolta onde Ivón Duo, viveirista e labrega, compartirá a súa experiencia. A reunión está aberta a calquera persoa interesada en plantar árbores autóctonas e eliminar os eucaliptos dos seus montes. O punto de encontro será no cruceiro de Tabeaio.

Custodiar o territorio

Artigo publicado por Mónica González no nº 162 da revista Novas da Galiza en dezembro de 2017.

No primeiro encontro de Mulheres em transição (Junho de 2015), ouvi frases que levavam tempo a rondar no meu corpo e ali assentaram na minha cabeça (ou foi ao revés?) Uma delas saiu da companheira Begoña de Bernardo Miño, a falar de que somos habitantes dos nossos territórios, que a nós corresponde cuidar e usufruir… desde aquela sei que prefiro identificar-me como habitante antes do que como cidadã.
Se algo de bom pudo ter a tragédia dos incêndios, foi ativar uma consciência e um novo questionamento do nosso monte e o nosso rural. Apesar de tudo, houve uma resposta rápida organizada: além das mobilizações maciças, listas de voluntariado para recuperar os solos e replantar, concertos de apoio, o canal contra-informativo Tramalume, a recolhida de ajuda a animais feridos transbordada… Como no momento do Prestige, as habitantes desta nossa terra tomaram a iniciativa.
Em momentos assim sentimos mais a importância do trabalho diário de quem leva muitos anos neste campo: Ridimoas, Amigos da Terra, a mancomunidade de Vincios, Cousa de Raíces… por nomear só alguns exemplos de gestão popular e sustentável.
Nesta ocasião vou-me centrar numa iniciativa pouco conhecida, a figura das entidades de Custódia do Território. Continuar lendo “Custodiar o territorio”

Convocatoria de reunión 25/02/18

Convócase unha reunión da Asociación Brexa para o día 25 de xaneiro, xoves, ás 20:00 no bar Hórreo, “A casa do viño con mel” (Ans 19, Carral). Está aberta a todos aqueles que queiran participar, achegar ideas e propostas para levar a cabo, agora que xa estamos rexistrados oficialmente.

Algúns dos acordos da reunión:
Apoiar a ILP para mudar a Lei Forestal promovida por Cousas de Raices
Renovar os seguros para o 2018 para socios e voluntarios
Contactos con outras asociacións de custodia
Facer un acordo de custodia no “Monte de Nilles”
Novas liñas de traballo para a asociación e novos proxectos
Incluir no blog unha listaxe de zonas a preservar no concello.

Concerto Expansivo por un Monte Vivo

O día 20 de xaneiro terá lugar ás 22:30 en Tabeaio, Carral, unha edición máis da serie “Concerto Expansivo por un Monte Vivo” que se vén celebrando por toda Galicia para amosar a indignación e solidariedade ante a vaga de incendios do outubro pasado. Os cartos que se recauden destinaranse a proxectos de recuperación ambiental de colectivos ecoloxistas como Amigos da Terra, Adega, Amigos das Árbores da Limia ou Amigos das Árbores de Ourense.

Roteiro e magosto en Cerceda

MagostoO sábado día 11 de novembro fomos convidados pola asociación Lucerna de Cerceda a participar na Festa do Magosto que organizaron. Para alén de disfrutar das actividades e a compañía, presentámonos como asociación. Foi un encontro ben produtivo no que partillamos inquietudes comúns para mellorar a nosa contorna e establecemos contacto para iniciar colaboracións.