Mollate polos ríos 2019

Limpando
A XII edición da Xornada de Limpeza Simultánea de Ríos, organizada por Proxecto Ríos en Galicia, celebrouse o pasado día 29 de setembro.

O ano anterior traballamos no río Barcés ao seu paso pola parroquia de Barcia. Nesta ocasión seleccionamos unha zona do río Barcés que cruza as parroquias de Cañás e San Vicente de Vigo na súa marxe esquerda e as de Figueroa e Abegondo pola dereita.

Continuar lendo “Mollate polos ríos 2019”

Mollate polos ríos 2019

Mollate polos ríosO día 29 de setembro o Proxecto Ríos convoca a XII edición da Xornada de Limpeza Simultánea nos ríos galegos. A nosa asociación participa por 2º ano e seleccionamos unha zona, entre as parroquias de Cañás e Figueroa, na que detectamos a presenza de plásticos, neumáticos e outros residuos.

Os voluntarios poden poñerse en contacto por medio do correo electrónico brexa.asociacion@gmail.com ou no teléfono 698146685.

Salvar a Gándara

No ano 2004 a Xunta de Galicia propón para o tramo da vía Ártabra no concello de Cambre o trazado marcado na foto en trazo vermello.

Os veciños de Cambre propoñen o trazado marcado en azul que é un 22% máis curto, con menos custe, menos pendentes e menor impacto ambiental. Ademais afectaba só a 4 casas fronte as 44 do proxecto inicial.

No ano 2006 o concello de Cambre aproba, por unanimidade, esta proposta tal como esixe o correspondente Plan Sectorial Viario.

No ano 2016 a Xunta de Galicia presenta un proxecto de enlace con peaxe coa A-9, representado no mapa, que coincide con parte da súa proposta inicial e que ocupa 5 ha do humidal da Gándara e canaliza parte do río e dun regato.

Continuar lendo “Salvar a Gándara”

Xornada de Limpeza no río Barcés

O 7 de outubro organizamos unha xornada de voluntariado, dentro do Proxecto Ríos. Estas xornadas veñen celebrándose desde o ano 2008 en moitos ríos de Galiza.
Inicialmente estaba convocada para o 30 de setembro pero, debido a coincidencia co outro acto, trasladámolo para o domingo seguinte.
Xuntámonos un grupo de 11 persoas no  lugar de Xocín,  parroquia de Barcia,  e actuamos nun tramo de cerca de 1 km .
Despois de 3 horas de traballo retiramos máis de 100 kg de lixo da canle do rio. Entre os obxectos retirados temos 5 neumáticos, un fregadeiro, un inodoro e os restos dunha lavadora. A maioria destes obxectos levaban moitos anos no río.
Contamos coa colaboración do concello de Carral que aportou  2 contedores e o traslado do lixo recollido. Continuar lendo “Xornada de Limpeza no río Barcés”

XI Limpeza de Ríos

Desde o ano 2015,  Proxecto Ríos de Galicia organiza xornadas de voluntariado para a limpeza simultánea de ríos.  A nosa asociación acordou apoiar e difundir a iniciativa e animamos a participar na xornada deste ano que se celebra o día 30 de setembro.
Dado que moitos socios non poden asistir ese día decidimos organizar tamén unha xornada de limpeza o día 7 de outubro, de 10:30 a 13:30, no río Barcés.

Para participar contactar por
Teléfono: 698146685
Correo: brexa.asociacion@gmail.com

(É necesario contratar un seguro polo que se debe avisar con 24 h de anticipación. O importe é de aproximadamente 4 €)