
Os alumnos de 6º ano de infantil do colexio de Carral realizaron unha plantación de árbores no parque dos Capelos o pasado día 5 de xuño. A actividade foi organizada pola nosa asociación, o colexio Vicente Otero de Carral e o concello de Carral.
Participaron 29 nenos e nenas que traballaron con gran entusiasmo e lograron plantar 30 acivros e 10 pradairos, superando as nosas previsións.
Os nenos e nenas gozaron dunha mañá ao aire libre ademaís de plantar, regar, fertilizar e colocar protectores ás plantas.
Con esta plantación aumentamos a superficie arborada da parcela e a tamén a variedade de especies o que nos acerca ao obxectivo de crear un parque natural no corazón do polígono dos Capelos..
Os alumnos estiveron acompañados por 3 profesores, dous voluntarios da Brexa e a técnica de medio ambiente do concello. O concello desprazou o vehículo cisterna de protección civil o que nos permitiu regar xenerosamente as prantas.
Tamén recibimos a visita do alcalde José Luis Mouriño e o concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente Óscar Bodelo.




