Presentámonos

“Brexa”, Asociación de Custodia do Territorio de Carral, nace coa intención de preservar a biodiversidade das terras da nosa contorna. Cremos na viabilidade dunha existencia harmónica co medio e na riqueza natural da nosa bisbarra. Co obxectivo de afianzala chegamos a acordos cos propietarios dos espazos que traballamos a prol de conservalos nun estado beneficioso para toda a veciñanza.
Pretendemos que este sexa un proxecto colaborativo ao que se poida sumar quen o desexe, tanto a través do voluntariado comprometido co traballo de campo, como a través doutro tipo de cooperación.
Se estás interesado en partillar esta experiencia connosco, podes contactarnos no seguinte correo electrónico: brexa.asociacion@gmail.com

Contacto

Podes poñerte en contacto con nos para participar nas xornadas de voluntariado, asociarte, facer suxerencias ou informarnos dalgún problema ambiental que detectes.

Teléfono:

644 18 34 47

Correo electrónico:

brexa.asociacion@gmail.com

Reunión o día 20/10/2019

O domingo, 20/10/2019, teremos unha reunión ás 10:00 h no lugar de Vilamouro para tratar do acordo de custodia da parcela Muiño da Brexa, asinado recentemento co Concello de Carral.

Ao rematar a reunión, se o tempo o permite, teremos unha xornada de traballo no regato de Nilles.

A reunión está aberta a soci@s e a calquera que queira participar ou coñecer o proxecto de custodia.

Contacto:

email: brexa.asociación@gmail.es

tlfo: 698146685

Asinado o acordo de custodia do Muiño da Brexa

voAmericanoEsta semana foi asinado concello de Carral e a nosa asociación o acordo de custodia entre o da parcela, propiedade do concello, situada na marxe esquerda do rio Brexa, entre o polígono industrial e o río.

A referencia catastral da parcela é 15021A011010360000RM cunha superficie de 24312 m2. A continuación podedes consultar mapas e fotos do terreo. Continuar lendo “Asinado o acordo de custodia do Muiño da Brexa”

Mollate polos ríos 2019

Limpando
A XII edición da Xornada de Limpeza Simultánea de Ríos, organizada por Proxecto Ríos en Galicia, celebrouse o pasado día 29 de setembro.

O ano anterior traballamos no río Barcés ao seu paso pola parroquia de Barcia. Nesta ocasión seleccionamos unha zona do río Barcés que cruza as parroquias de Cañás e San Vicente de Vigo na súa marxe esquerda e as de Figueroa e Abegondo pola dereita.

Continuar lendo “Mollate polos ríos 2019”